AS COUSAS CRARAS

Xá publiquei o meu premeiro libro en castelán,por ter unha lideira interminable por causa dos viramentos na usaxe do galego, por non poder practicálo por mór dos meus veciños-as,que sendo galegos-as,falan case todos en castelán,e por ter medo ás interpretacions erróneas por parte da crítica que imaxino eu, moitas vegadas pode afundír os mais louvábles desexos de comunicación de ideas e experiencias   que alguén  coma mín ,sen ser ista a miña lingoa nai nin téla estudiado nin ser nativo deiquí,quere poñer a disposicion do pobo galego estas andainas e inquedanzas  que lle levaria moito menos esforzo se o fixera en castelán. 

¿ Que fai un Tudelano falando en galego?,perguntoume o outro día un antigo profesor meu, e que dei en branco nese momento ,pois sempre lle teño dito que o único que me queda pra conservár as miñas raices é non esquencer que eu nacín en Nafarroa ,que xá os romanos cando invadiron a peninsula identificaban este territorio coas terras bascas,dicindo : "lingua vasconum,lingua navarrorum",e tamén :"regnum vasconum,regnum navarrorum",e il sempre resposta : tí xa és galego ,levas case toda a vida eiquí.......enton non entendo como pode falar tan sen sentido perguntando que fai un tudelano falando galego; penso que o mellor que podo facer por amosar o meu respeuto e amor a estas terras, é tentar de aprender o seu idioma,e o mesmo tempo non renegar do meu berce basco,e asemade, tentar de amosar a quen quera sabélo,moitas das tradicions ,cultura e historias da miña terra ,fora da manipulacion dos medios e fora do que se ensina nas escolas galegas,e xá non quero nin dicir as do resto do estado  ,que é como minimo e suavemente falando ,bastante inexacto .

Como eu saín de Euskal-Herria de cativo,e enton estaba prohibido falar euskera,pois tan só adeprendin un pouco,xá de maior,e tamen tiveron que facer una unificacion das regras co Euskera "batua",que xa leva tempo podese dicir que sen cambios ,e ó Catalan pasalle o mesmo,que xá leva podese dicir que dende séculos ,sen trocos sustanciais,e por iso o falo eu bastante bén e cataláns que me escoitan pensan que vivín nas suas terras moitos anos cando tan só foron uns meses nunha masia perto de Vich,por iso tamén eu non vou renunciar a escrebir en Galego porque me digan,fáino normalizado,e outros,fáino normativo,ou senón,cando vou poñer surleste,que a min soame mellor,dínme,non,agora tes que poñer sueste,e se lle digo,vale,graciñas,pois me dín ,non,hai que decir grazas...

Coñezo un pouco a historia de Galiza ,dende os enigmas dos petroglifos ,os estudos antropolóxicos,as lideiras medievais,ate as loitas dos irmandiños ,a resistencia anti-fascista ,e o que me tocou de vivir cando viaxei polas suas aldeas...ainda lembro as movilizacions cando foi o de Castrelo do Miño...os libros que leín,  as xentes que coñecín...e dende a miña inquedanza eu quero contar unha serie de cousas pra min importantes e penso que o mais sério é tentar de facelo,se estou en Galiza,en galego ,ainda que non sexa perfeuto.

Cando ainda case non se  falaba Euskera na rúa nin se ensinaba nas Ikastolas,por causa da dictadura,as veces vín pintadas nas paredes que decían : ¡Fala mal o Euskera!, querendo dicir que era mellor que se escoitara na rúa sen medo ainda que non fora gramaticalmente correuto, que deixalo morrer pouco a pouco .

Ou seña,que coma moita xente dáballe vergoña falalo pois non tiñan moitas referenzas despois dos corenta anos famosos , os-as que loitaban por difundír a sua fala decian : fálao ainda que non sexa correuto,xa iremos pouquiño a pouco amellorando....Agora,en troco,leín alguns libros en galego,dos mais prestixiosos literatos,e cando rematei a leitura ainda non sabía moi bén de que trataba,mais non por ser eu un cretino sen cultura que non sabe de profundidades nin retóricas,senon porque a linguaxe utilizada mais semellaba un xogo de esgrima gramatical e dialéctica ,deses que a xente dí cando os escoita :pero que bén falan,nótase que están estudiados!,pero se lles perguntas  de que ía a cousa ,dínche  que eran cousas moi profundas que como eles -as non estan estudiados non entendian moi ben mais que denotaban unha grande preparacion humanística,ou seña unha trapallada.....eu non, eu somentes quero comunicar cousas que me ocorreron e as miñas ideas sociais e non vou caer na trampa de ollarme impedido pola crítica que me poidan facér,pois entón eu teria moitos mais argumentos pra decir a toda esa xentiña que se coñecen tan bén o galego,porque o utilizan tan mal,ensinando tan só a demagoxia,a dialéctica rimbombante, e relegando ó esquezemento ós que teñen cousas importantes que decír,no ambito da xustiza social de verdade ,mais non a manipulada polos partidos imperantes,senon a da realidade do pobo.

Cando escrebo estas follas,non é con afán nin pretension de competir cos literatos galegos-as,mais que nada porque faría o ridículo o non poder competír o meu sentimento espído contra da irónica retranca galega nin contra dalgunhas das regras gramaticais que impoñen como inamovibeles na real academia da lingoa ate que outro sabio literato coida o contrario,como vexo que fán a meirande parte dos escritores ,cada un pensando en recoller as frores da real academia e o recoñecemento das outas esféras....  No mais fundo dos meus sentimentos,o que verdadeiramente desexo é dárme a coñecer na vida cotián ,nos fogares,nas escolas, e a posibles camaradas,que teñan mais en conta o que quero decir que a maneira de decílo. O mesmo que sempre fíxen cas outras das miñas facetas como marionetista,pintór e coas miñas cancions.

Ainda que un certo recoñecemento por parte dos sectores sociais mais comprometidos cas cuestions sociais que mais me atinxen,iso xá me deixaria ben ledo,que víran cómo sen axudas nin compaña ,conseguín amosar algo do mais sinceiro de min mesmo....

¡Que non habería feito de ter a centésima parte dalgún tipo de axuda que outros-as receben tan só por poñer nun museo de arte contenporáneo catro trapalladas que non se sabe o que son, mais que son importantes porque a crítica os trata bén ou porque nas altas esferas o artista tén algun amigo importante encargado de crear as condicions idóneas pra que unha parvada sen pés nin croca acapare unha atencion inmerecida e o mesmo tempo dea pulo ó político que o patrocina ,e sona ó artista ou as veces pseudo artista ,do momento,que chega moitas vegadas deste xeito ,a figurar nas enciclopedias onde repousan os grandes persoeiros e creadores.....home,como normalmente sonche da mesma colla ,non ian  deixar de favorecerse,non sí?

E non é que teña envexa dos que triunfan desta maneira ,con axudas institucionais inmerecidas,senon que sinto que vivo nun mundo ó reves ...por poñer un exemplo vou falar dun escritor que publicou un libro en Bretaña cuio tema principal era a sidra ,e falaba da asturiana , da basca, da galega,da propria  bretona,moi bóa por certo, das de outros paises do leste,e.t.c.,que tívo bóa aceptacion na sua terra,...eu o coñecín por ser veciño dunha amiga miña,e cando un dia nos invitou pra celebrar o éxito do libro,xactábase diante miña de que nunca puxera os pés nin en Galiza nin en Euskadi nin en Asturias nin nos outros paises sidreiros,senon que recolleu os datos polo ordenador e despois o que fixo foi darlle a creatividade de ir contando as suas andainas ficticias, os efeutos daqueles beberaxes dos que contaba as suas caracteristicas ,mais que il nunca probara...home,desta maneira ou xeito tamén podería eu facer unha tese doctoral relatíva a vida salvaxe dos canguros en Australia,onde ainda que endexamais estiven,pois tamen poderia acadar os datos por ordenador,e contar algunhas historias de cocodrilos,mais isto xa non me semella que sexa das miñas especialidades pois eu prefero falar das cousas que vivín en realidade,ainda que despois deixe unha certa márxe .a fantasia e a imaxinacion...