Vén sendo ista expresion basca mais ou menos como:"sáfate",ou "tí mesmo"e "tí saberas..."diste xeito escomenzo pra decirvos que asín estou eu agora mesmo,cheo de dúbidas como ¿por onde escomenzar?,ou mais bén ¿por onde continuar os meus traballos ?... e chéo de materias que desexo ou teño necesidade de oferecér na defensa dise bastión comun da loita social,dende o pacifismo,mais sen claudicar nin ser abaixados,mais as miñas municions de creatividade semellan non prestar niste lugar onde me atopo...cando vou a miña terra vénme xá coma un estrano e tampouco eiquí ,inda que tento de arraigarme e sentír Galiza como miña, non acado ise lugar físico e social onde poder desenrrolar a miña persoalidade ó completo,e sempre ando á defensiva coas xentes que somentes ouserban alén dos seus fociños o pouco que as suas crocas lles deixan ollar e comprendér..."or konpon",digo enton,eiquí nista vila de salvaxes ,que carallo pinto eu?..
Non é moi axeitado iste a modo de saúdo mais de momento vouno deixar así
Se vídes algun dia por Vigo ,perguntade polo centro social "Cova dos Ratos",tamén chamado "Caleidoskopio",se tedes inquedanzas sociais e propostas de charlas ,exposicions ,ou queredes falar de temas alternativos ,serédes benvídos-as e atoparedes un ambiente solidario e de mestizaxe cultural ....
Tamén podedes facér unha visitiña a iste espazo virtual onde me atopo se queredes sabér cousas dun "eusk-galego"internacionalista que anda por istas terras galegas buscando o seu lugar onde escomenzar unha nova etapa da sua vida,fora das grandes cidades ,nunha casiña onde asentar un baluarte de creatividade,a poder ser perto dalgún vieiro de sendeirismo ou aldea que potencie os recursos naturais enerxéticos e a mestizaxe cultural...Un obradoiro de pequenos mobles,marionetas, xoguetes ,onde pintár e cultivar unha horta e cultivar tamén os contactos interculturais xá que me defendo bén en cinco idiomas.
Xá fago todas isas cousas dende hai tempo.ou seña que non vén de novo todo isto nin son soños,tan só e que ista cidade industrial onde me atopo,afoga toda a creatividade que bule en mín ,e mais cando vexo que despois de tantos anos,semella que o único que fíxen foi perder a miña vida reivindicando o meu espazo e respeuto á miña humanidade solidaria ...que convirtiron en rareza solitaria, mais que non é verdade,tan só e así como o poder desexa que sexan olladas as persoas asín, que ó contrario do que fán crér,somos as que estariamos mais dispostas a colaborar na teima de acadare unha sociedade mais xusta ,pero de verdade.
Sen mais polo de agora ,despídome ,e pido-vos escusanza polos erros cometidos co idioma galego,pois o meu desexo de comunicarvos as miñas inquedanzas e lideiras,foi mais grandeiro que o medo de cometer algunhas barbaridades linguisticas. Doutra volta, se a Natureza ou os deuses o permiten,xá continuarei a facér eiquí alguns dictados e amosar o meu pensamento social e algunhas das solucions que eu vexo mais factíbeles ós problemas do cotián e ,se queredes ,tamén traeréi a iste lugar do mundo virtual as miñas cancions,e acuarelas,ou as anéidotas mais adivertidas e curiosidades das miñas andainas,agur ,seguide o voso camiño como o vento e levade o meu desexo de saude,paz e xustiza.
SALUD, CAMARADAS.
