algarroba

Galletas de Algarroba

Ingredientes:
- 200g de fariña integral de trigo.
- 200g de copos de avea picados.
- 200g de algarroba en po.
- 200g de zucre de caña integral.
- 300ml de bebida de soia(“leite de soia”).
- 150ml de aceite de xirasol.
- Unha pizca de canela.
- Unha pizca de gengibre.
- Unha pizca de sal.
- Unha pizca de bicarbonato.

Preparación:
Misturamos a fariña cos copos, o sal e o bicarbonato nun recipiente.
Noutro recipiente misturamos a algarroba coa canela, o gengibre e o zucre. Engadimos neste recipiente pouco a pouco a bebida de soia templada e mistiramos.
Engadimos pouco a pouco a outra mistura ate obter unha masa manexable.
Coas mans enfariñadas imos facendo galletas de medio cm de grosor e de 5cm de diámetro.
Colocamos a galletas sobre unha bandexa e metemos 15 min no forno a 200ºC

Average: 4.5 (2 votes)

trufas de algarroba correxida!

- 2 vasos de algarroba en pó
- 3 culleradas de coco
- 2 culleradas de améndoas picada ou avelás, noces ...
- 2 culleradas de pasas (opcional)
- 1 1/2 vaso de bebida soia
- 1 1/2 vaso de copos avea
- 1 culleriña de raiadura de laranxa
 
Disolver a algarroba co leite ( podes quentar o leite ou utilizar a batidora) .Engadir a avea e o resto de ingredentes. Se a textura e moi densa engadir un pouco máis de leite.Deixar enfriar duas horas  na neveira e facer bolas rebozando en coco, amapola, pipas tostadas ...
Average: 4 (1 votar)

biscoito de algarroba e laranxa

Ingredentes
- 400 gr de fariña
- 200 gr de sucre
- 1 cullariña sal
- 2 cullariñas cafe levadura
- raiadura 1 laranxa
- 3 cucharadas algarroba ou 2 (según gusto)
- 3 cucharadas aceite oliva
- 2 vasos leite soia

Misturar os ingredintes secos, botar o aceite e o leite, remexer a conciencia ata que non queden bruos. Pódese botar figos, pasas, froitos secos, froita... e voltar a remexer ata obter unha consistencia homoxénea. Verter nun molde con aceite e fariña e adornar con sésamo, pipas, avea... Precalentar forno 200ºC e cocer a 180º durante 1 hora mais ou menos (vixialo de cando en vez).

No votes yet



Este espazo esta feito por .:trebelab:. funcionando con software-libre: Debian, Drupal e K2 entre outros.