biscoito

biscoito chocolate pequeno poni

Mezclar 3 tazas de fariña integral con unha taza e media de sucre con duas culleiriñas pequenas de bicarbonato sódico, 6 culleiradas ben cheas de cacao en pó, unha pizca de sal e mesturar ben sen botar ningun liquido.

A continuazón engadir 12 culleiradas de aceite de xirasol e auga quente ate que a masa quede densa non demasiado liquida pero que adopte [vai ti a saber si se din asin] a forma do bowl a seres remexido. Votalo nun molde untado con aceite e esporexado con fariña.

Meteres no forno durante uns 30 mins a 175º. Cando estea feito e frío cortarase a metade de xeito horizontal engadindo moscatel sen limites en cada unha das caras non escatimando tampouco no engadido de esa marabelosa crema de tofu batido con mermelada de fresa que funtaremos gozosamente dentro e por riba do pastel.

Nunca se debe comer no día no que foi feito, dexa que pase unha noite polo menos.

 

[ receita suxerida por andressolo ]

Average: 5 (1 votar)

biscoito de algarroba e laranxa

Ingredentes
- 400 gr de fariña
- 200 gr de sucre
- 1 cullariña sal
- 2 cullariñas cafe levadura
- raiadura 1 laranxa
- 3 cucharadas algarroba ou 2 (según gusto)
- 3 cucharadas aceite oliva
- 2 vasos leite soia

Misturar os ingredintes secos, botar o aceite e o leite, remexer a conciencia ata que non queden bruos. Pódese botar figos, pasas, froitos secos, froita... e voltar a remexer ata obter unha consistencia homoxénea. Verter nun molde con aceite e fariña e adornar con sésamo, pipas, avea... Precalentar forno 200ºC e cocer a 180º durante 1 hora mais ou menos (vixialo de cando en vez).

No votes yet



Este espazo esta feito por .:trebelab:. funcionando con software-libre: Debian, Drupal e K2 entre outros.