patacas

bolas de coco

- 500 gr. de patacas
- 400 gr. de sucre
- 300 gr. de coco ralado
- coco ralado para rebozar
- unha pizca de sal

cocer as patacas peladas, batilas moi ben ca pizca de sal.
botar o sucre e batilo moi ben.
botar o coco e batilo moi ben.
deixar a masa enfriar na neveira.

facer boliñas e rebozalas en coco.

ideas: podemos facer variacións para axeitalas o noso gusto, botandolle un chupiño ron ou engadindo cacao, anacos de chocolate, froitos secos ...

Average: 5 (5 votes)

Roliños de Repolo e Setas

- 300 gr. patacas
- 150 gr. de setas
- 2 cebolas
- 1/2 pemento
- 2 dentes de allo
- 8-10 hojas de repollo
- 1/4 repolo picado
- aceite
- cilantro/loureiro
- shoyu ou tamari

Cocer as patacas coa pel en auga salá e loureiro. Escaldar as follas de repolo e escurrir. Facer un sofrito coa cebola, allo e pemento, cando estea dourado engadir as setas e no último momento de que as setas estean feitas engadir o repolo picado. Finalmente botar as patacas cortadas en taquiños e botar shoyu, darye unhas voltas e retirar.

Rechear as follas co recheo e cerrar con palillos.  No momento de servir botar nunha tixola un chorro de aceite e un pouquiño de auga quente e espolvorear con cilantro ata que se doren e se evapore a auga, volta e volta e listo.

No votes yet

guiso verde patacas e nabizas

- 7 dentes allo
- 1 manoxiño prixel
- 4 patacas medianas
- 1/2 vaso aceite oliva
sofritir os allos e o prixel no aceite. cando estea dourado botar as nabizas cotadas finamente, engadir medio vaso de auga, cocer a lume lento 30'. engadir as patacas deixando que se rompan o cortalas e cocer 15 minutos mais hasta que estean brandas botando mais auga se precisa.
Average: 3 (2 votes)

patacas bravas

- 8 patacas medianas
- 1 cebola (optativo)
- 4 dentes de allo (optativo)
- aceite oliva
- 1 vaso viño branco
- pimentón doce e picante
- ourego
- sal

salsa:
- 1 dente de allo
- 2 culleriñas de pementa callena
- 2 culleriñas pimentón
- 1/2 vaso aceite oliva
- 1/2 vaso auga quente
- sal

pelar as patacas e cortar en tacos.

poñer nunha bandexa de forno, salalas e condimentar coas especias. botar chorro aceite e o vaso de viño.
hornear a 180º ate que estean brandas.
para a salsa,batir os ingredintes secos e engadir o aceite e posteriormente auga sen parar de batir.
Average: 3 (1 votar)

estofado de berenxena

Estofado de Berenxena para 6 pratos

3 berenxenas
3 cebolas
2 vasos de chicharos
1 rama de apio
1 pemento grande
1 vaso e medio de viño tinto
8 patacas
sal
aceite
especias (cilantro, ourego, pimentón, pementa negra, loureiro?)

Picar a cebola e o apio e pemento e sofritir co aceite e un pouco auga. Cando a cebola estea dourada botar o viño e as especias e deixar cocer a lume lento tapado 10 minutos. Botar mas auga e engadir a berenxena e botar auga sen cubrir, 5 minutos mais tarde engadir as patacas e cocer a lume lento 15-20 minutos ata que as patacas estean brandas.

Average: 3 (1 votar)



Este espazo esta feito por .:trebelab:. funcionando con software-libre: Debian, Drupal e K2 entre outros.