postres

bolas de coco

- 500 gr. de patacas
- 400 gr. de sucre
- 300 gr. de coco ralado
- coco ralado para rebozar
- unha pizca de sal

cocer as patacas peladas, batilas moi ben ca pizca de sal.
botar o sucre e batilo moi ben.
botar o coco e batilo moi ben.
deixar a masa enfriar na neveira.

facer boliñas e rebozalas en coco.

ideas: podemos facer variacións para axeitalas o noso gusto, botandolle un chupiño ron ou engadindo cacao, anacos de chocolate, froitos secos ...

Average: 5 (5 votes)

biscoito chocolate pequeno poni

Mezclar 3 tazas de fariña integral con unha taza e media de sucre con duas culleiriñas pequenas de bicarbonato sódico, 6 culleiradas ben cheas de cacao en pó, unha pizca de sal e mesturar ben sen botar ningun liquido.

A continuazón engadir 12 culleiradas de aceite de xirasol e auga quente ate que a masa quede densa non demasiado liquida pero que adopte [vai ti a saber si se din asin] a forma do bowl a seres remexido. Votalo nun molde untado con aceite e esporexado con fariña.

Meteres no forno durante uns 30 mins a 175º. Cando estea feito e frío cortarase a metade de xeito horizontal engadindo moscatel sen limites en cada unha das caras non escatimando tampouco no engadido de esa marabelosa crema de tofu batido con mermelada de fresa que funtaremos gozosamente dentro e por riba do pastel.

Nunca se debe comer no día no que foi feito, dexa que pase unha noite polo menos.

 

[ receita suxerida por andressolo ]

Average: 5 (1 votar)

tarta de limón

Para a masa quebrada: Mezclar 300 gr de fariña con 150gr de margariña (sen derreter!!!) e con duas pizcas de sal e unha culleirada de sucre. Engadir pouco a pouco ate medio vaso de auga quente ate que quede unaha masa amasábel. Extender e dobrar en catro e voltar a extender coa forma do molde.

Para a crema: Xuntar 250 gr de tofu, 150 gr de sucre, raiadoira da cáscara dun limón e o zume dun limón e medio, 75 gr de margariña e bátese ben. Votar sobre a base e meter ó forno ate que tome unha cor torrada por riba.

 

[ receita suxerida por andressolo ]

No votes yet

Galletas de Algarroba

Ingredientes:
- 200g de fariña integral de trigo.
- 200g de copos de avea picados.
- 200g de algarroba en po.
- 200g de zucre de caña integral.
- 300ml de bebida de soia(“leite de soia”).
- 150ml de aceite de xirasol.
- Unha pizca de canela.
- Unha pizca de gengibre.
- Unha pizca de sal.
- Unha pizca de bicarbonato.

Preparación:
Misturamos a fariña cos copos, o sal e o bicarbonato nun recipiente.
Noutro recipiente misturamos a algarroba coa canela, o gengibre e o zucre. Engadimos neste recipiente pouco a pouco a bebida de soia templada e mistiramos.
Engadimos pouco a pouco a outra mistura ate obter unha masa manexable.
Coas mans enfariñadas imos facendo galletas de medio cm de grosor e de 5cm de diámetro.
Colocamos a galletas sobre unha bandexa e metemos 15 min no forno a 200ºC

Average: 4.5 (2 votes)

trufas de algarroba correxida!

- 2 vasos de algarroba en pó
- 3 culleradas de coco
- 2 culleradas de améndoas picada ou avelás, noces ...
- 2 culleradas de pasas (opcional)
- 1 1/2 vaso de bebida soia
- 1 1/2 vaso de copos avea
- 1 culleriña de raiadura de laranxa
 
Disolver a algarroba co leite ( podes quentar o leite ou utilizar a batidora) .Engadir a avea e o resto de ingredentes. Se a textura e moi densa engadir un pouco máis de leite.Deixar enfriar duas horas  na neveira e facer bolas rebozando en coco, amapola, pipas tostadas ...
Average: 4 (1 votar)



Este espazo esta feito por .:trebelab:. funcionando con software-libre: Debian, Drupal e K2 entre outros.