Pastel de Verduras

Masa:

- 450 gr de fariña
- 3/4 vaso de aceite
- 1 cullariña de sal
- auga
- 1 cullariña de levadura en po (opcional)

 

Quentar a auga ata que estea tibia. Disolver a levadura e a sal nun vaso de auga e facer un oco na fariña e remexer. Botar auga e amasar ata obter unha masa homoxenea.

 

Recheo:

- 2 porros
- 1 cebola pequena
- 1 pemento
- 2 manojos acelgas
- 5 cullaradas pasas
- pementa negra
- sal

 

Facer sofrito cos porros, a cebola, o pemento e engadir a pementa e a sal. Cando estea feito engadir as pasas e deixar que chupen o juguillo. Engadir as acelgas e deixar facerse durante 10 minutos.

 

Bechamel:

- 1 chorro de aceite de oliva
- 3 cullaradas de fariña
- 2 vasos de leite
- sal
- noz moscada

 

Botar o aceite nunha tixola, deixar que se quente un pouco e botar a fariña, remexer e xuntar co aceite ata formar unha pasta. Engadir o leite pouco a pouco e ir remexendo intentando que non se fagan grumos.
Deixar cocer uns minutos sen parar de remexer a lume lento.
Por ultimo engadir o sal e as especias.

Misturar o recheo coa bechamel e vertir enriba da masa estirada nunha bandexa de forno con aceite por debaixo.
Decorar con sésamo e meter no forno a 180º durante 20 minutos por debaixo e o grill durante 15 minutos.

Average: 5 (1 votar)

bolas de coco

- 500 gr. de patacas
- 400 gr. de sucre
- 300 gr. de coco ralado
- coco ralado para rebozar
- unha pizca de sal

cocer as patacas peladas, batilas moi ben ca pizca de sal.
botar o sucre e batilo moi ben.
botar o coco e batilo moi ben.
deixar a masa enfriar na neveira.

facer boliñas e rebozalas en coco.

ideas: podemos facer variacións para axeitalas o noso gusto, botandolle un chupiño ron ou engadindo cacao, anacos de chocolate, froitos secos ...

Average: 5 (5 votes)

biscoito chocolate pequeno poni

Mezclar 3 tazas de fariña integral con unha taza e media de sucre con duas culleiriñas pequenas de bicarbonato sódico, 6 culleiradas ben cheas de cacao en pó, unha pizca de sal e mesturar ben sen botar ningun liquido.

A continuazón engadir 12 culleiradas de aceite de xirasol e auga quente ate que a masa quede densa non demasiado liquida pero que adopte [vai ti a saber si se din asin] a forma do bowl a seres remexido. Votalo nun molde untado con aceite e esporexado con fariña.

Meteres no forno durante uns 30 mins a 175º. Cando estea feito e frío cortarase a metade de xeito horizontal engadindo moscatel sen limites en cada unha das caras non escatimando tampouco no engadido de esa marabelosa crema de tofu batido con mermelada de fresa que funtaremos gozosamente dentro e por riba do pastel.

Nunca se debe comer no día no que foi feito, dexa que pase unha noite polo menos.

 

[ receita suxerida por andressolo ]

Average: 5 (1 votar)

crema de castañas

- 2 vasos de castañas
- 4 porros
- aceite oliva
- sal
- anis ou néboda
- loureiro

Pelar as castañas e cocelas con anis e lureiro e un pouco de sal. Despois de cocidas, escurrir e gardar a auga de cocción. Deixar enfriar e pelar.

Facer un sofrito cos porros picados e un chorro de aceite

Cando os porros estean dourados botar as castañas peladas e a auga da cocción. Se é necesario engadir máis auga ata cubrir. Deixar cocer 15 minutos máis.

Average: 5 (1 votar)

pizza margarita

Ingredentes:

para a masa:

400g fariña triga integral
15g levadura cervexa
1 chorro aceite oliva
auga
1 culleriña sal

para a cuberta: 

350g de tomates maduros pelados
1 cebola
1/2 vaso de olivas
ourego, pementa, albahaca

behamel (un chorro aceite oliva, 4 culleradas fariña integral, 1 vaso de bebida soia ou máis segundo gosto espesor, levadura cervexa, noz moscada, sal)

 

preparación:

facer a masa disolvenso a levadura en auga tibia e misturar coa fariña, sal, aceite e a auga necesaria para formar unha masa elástica e homoxénea. Deixar repousar 20m nun lugar cálido.

Extender a masa cun grosor de 1/2 cm aprox. e colocar nunha bandexa aceitada, cubrir cos tomates pelados e cortados en rodaxas, salar e deixar repousar 15m.

Namentres elaborar a bechamel e pasados os 15m botala por riba dos tomates, a cebola picadiña e as olivas.

Metela no forno previamente quente a 250º durante 20m,transcorrido ese tempo sacala, condimentar e meter a gratinar 10m

 

Average: 5 (2 votes)



Este espazo esta feito por .:trebelab:. funcionando con software-libre: Debian, Drupal e K2 entre outros.