Masa:
- 450 gr de fariña
- 3/4 vaso de aceite
- 1 cullariña de sal
- auga
- 1 cullariña de levadura en po (opcional)
Quentar a auga ata que estea tibia. Disolver a levadura e a sal nun vaso de auga e facer un oco na fariña e remexer. Botar auga e amasar ata obter unha masa homoxenea.
Recheo:
- 2 porros
- 1 cebola pequena
- 1 pemento
- 2 manojos acelgas
- 5 cullaradas pasas
- pementa negra
- sal
Facer sofrito cos porros, a cebola, o pemento e engadir a pementa e a sal. Cando estea feito engadir as pasas e deixar que chupen o juguillo. Engadir as acelgas e deixar facerse durante 10 minutos.
Bechamel:
- 1 chorro de aceite de oliva
- 3 cullaradas de fariña
- 2 vasos de leite
- sal
- noz moscada
Botar o aceite nunha tixola, deixar que se quente un pouco e botar a fariña, remexer e xuntar co aceite ata formar unha pasta. Engadir o leite pouco a pouco e ir remexendo intentando que non se fagan grumos.
Deixar cocer uns minutos sen parar de remexer a lume lento.
Por ultimo engadir o sal e as especias.
Misturar o recheo coa bechamel e vertir enriba da masa estirada nunha bandexa de forno con aceite por debaixo.
Decorar con sésamo e meter no forno a 180º durante 20 minutos por debaixo e o grill durante 15 minutos.
- Clique Iniciar Sessão ou registar-se para colocar comentários
Comentários recentes
8 semanas 1 dia atrás
18 semanas 2 días atrás
19 semanas 1 dia atrás